Cervantes reivindica a figura do gandeiro de montaña

A localidade lucense de San Román de Cervantes celebrará este sábado a I Feira en Defensa do Gandeiro de Montaña, unha cita que incluirá un concurso de gando no que xa están inscritos máis dun centenar de animais. 

Trátase da recuperación funha feira tradicional que non se celebraba dende 1985, organizada pola Asociación Territorio Verde. A Feira, que se desenvolverá nunha pradería, estará amenizada con pulpeiros, comerciantes e música tradicional.

Este sábado, ás 09.00 horas, comezará a feira coa recepción do gando participante. Un xurado especializado será o encargado de avalialo. Ás 12.00 horas terá lugar unha poxa de xatas de Acruga. A partires das 13.30 horas, entregaranse os premios do concurso ás mellores vacas, toros e xatas de raza rubia galega e de raza asturiana. Tamén haberá premio para a gandería que presente máis reses.

Ademais de facer protagonista á tenreira galega, esta cita busca fomentar a unión e o traballo conxunto dos gandeiros para impulsar un sector clave para o desenvolvemento deste territorio.

A iniciativa foi presentada polo vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, xunto ao Alcalde do Concello de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, e o Presidente da Asociación Territorio Verde, Miguel González Vilela. 

O representante provincial subliñou que “recuperando esta feira tradicional de gando vacún, dinamizamos a actividade económica da zona e apoiamos aos gandeiros e a produción de tenreira galega na provincia”