Vilalba celebra a XXV Festa do Queixo San Simón da Costa

Esta fin de semana o Queixo San Simón da Costa vivirá a súa fin de semana grande coa XXV edición da súa festa de exaltación en Vilalba, unha cita onde as degustacións do produto estrela se completarán cun apretado programa de eventos. 

A festa abrirase o sábado pola mañá coa final do concurso de tapas que se desenvolveu entre o 21 e o 30 de marzo na localidade lucense e no que participaron máis de vinte establecementos con petiscos elaborados utilizando queixo San Simón da Costa. 

Os premios aos gañadores entregaranse o mesmo sábado pola tarde, despois do pregón que este ano irá a cargo de Luis Zahera, que este ano conseguir o Goya ao mellor actor de reparto. Pola noite o programa do sábado pecharase cunha actuación da Orquesta Mondragón no auditorio Carmen Estévez. 

O domingo a festa aportarana Airiños da Febra e Festicultores, que recorrerán as rúas da vila durante toda a mañá. Ademais, o programa gastronómico completarase con dous showcookings, un a cargo de Jacobo Santeiro (O Mercado Streetfood) e o outro por Marcos Morán (Casa Gerardo).