VIII Semana da Danza en Lugo

Do xoves, 25 de abril ao 14 de maio terá lugar VIII Semana da Danza que inclúe diferentes e variados espectáculos no Gustavo Freire, e representacións de danza na rúa, ademais dun concurso coreográfico e sesións de distintas escolas.

Na presentación, A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, amosouse satisfeita de que a Semana da Danza se consolidara xa, con 7 edicións e esta que se vai celebrar, no calendario cultural primaveral de Lugo. Tamén tivo palabras de agradecemento ao Conservatorio de Danza polo traballo que levan feito para con esta expresión artística importantísima, "non polo que representa en si mesmo, senón polo que significa para o desenvolvemento persoal e como sociedade".

A secretaria do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, María Gil Martínez, e unha representante da Escola de Baile Star Dance, Berta Figueras,Pola súa banda, Marí Gil e Berta Figueras agradeceron o apoio do Concello con esta iniciativa cultural, á que convidaron á cidadanía a asistir e participar.

As entradas son de balde ata completar a cabida, agás as sesións de tarde Pink Unicorns e Entre Soños. Como vén sendo habitual, esta programación tamén inclúe espectáculos na rúa, do 23 ao 27 de abril. Participarán a Escola Palimoco Teatro Danza, Star Dance, Tradi Oxeito, Victoria Gil Danza & Escena, Mercedes Castro, e Gravitty, que amosarán á veciñanza esta arte na Praza de Santa María, en diversos puntos da Praza Maior e no Paseo Vila de Foz, no parque Rosalía de Castro. 

A programación e máis información en www.lugo.gal