
Balseiros agradeceu o compromiso desta compañía distribuidora na posta en valor dos alimentos do mar e do agro que teñen unha calidade certificada, potenciando tamén o traballo dos pequenos produtores e dos alimentos ecolóxicos, que cada vez teñen máis consumidores. José Balseiros lembrou que en Galicia hai actualmente un total de 35 selos de calidade e destacou o peso que teñen na economía da nosa comunidade e na identificación da marca Galicia, que destaca entre outras cousas pola nosa gastronomía.