Pontecesures rinde a súa homenaxe á lamprea

Esta fin de semana tivo lugar en Pontecesures a XXIV Festa da Lamprea, unha cita que se vén celebrando dende 1996 para reivindicar o preciado ciclóstomo capturado neste caso nas augas do río Ulla. 

Dende o nacemento da festa o público nunca fallou. E este ano non foi unha excepción, a pesar da choiva intensa que marcou a xornada non faltou quen se achegara a degustar as tapas de lamprea a catro euros e as racións a dez ofertadas polos establecementos hosteleiros da localidade. 

Á festa tamén acudiron numerosas autoridades como a o alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores. 

E quen se quedara sen ir a comer a lamprea esta finde semana, que non se preocupe que non lle han de faltar oportunidades esta tempada. A máis salientable, a festa de exaltación que celebrarán no concello de Arbo na última fin de semana deste mes.