O requeixo de As Neves engade o seu tilde gastronómico no Venres Santo

As Neves, concello pontevedrés da comarca da Paradanta é destino miñoto ineludible todo o ano, pero imperdible o Venres Santo (este ano o 19 de abril) con gallo da Festa do Requeixo e Mel. Unha festa declarada de Interés Turístico de Galicia na que se exalta este queixo fresco, acompañado con mel, elaborado de forma tradicional seguindo a receita centenaria das mulleres das Neves. 

Armoniza este derivado lácteo que aquí acada categoría de delicatessen cos viños da D.O. Rías Baixas elaborados na subzona do Condado, especialmente co tinto de Rubiós, cantado e ensalzado polo mestre da fabulación, Álvaro Cunqueiro. Son tres as adegas nevesas que elaboran viño: Señorío de Rubiós (a única que elabora o afamado tinto), Viña Nora e Abadía de Tortoreos.

A programación xa comezou o 25 de marzo cunha andaina; hoxe retomáse cun concurso de receitas co requeixo, previa ruta polas adegas da localidade con profesionais da gastronomía; un showcocking o día 17 a cargo de Manuel Garea, actividades musicais e para os cativos, ata o día grande, na xornada de Venres Santo, que nas Neves ten marchamo de paixón doce. Ese día, pregón, degustación de requeixo e mel, viño, foodtrucks, artesanía, animación, música, entrega de premios aos gañadores/as do concurso e moito máis.