Monográfico nº 4 da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia

No marco da 8ª edición da feira "Vinis Terrae" presentóuse o monográfico nº 4 da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) sobre treixadura, a variedade de uva que mellor se identifica co Ribeiro, un acto que contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o director da Evega, Juan Manuel Casares, e do director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez Vázquez.

Manuel Baltar agradeceu o labor que está a desenvolver a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia coa publicación destas monografías, un traballo moi documentado, dirixido non só a profesionais senón tamén ao público en xeral, xa que están escritas de xeito didáctico". 

Este traballo divulgativo da Evega contribúe, segundo o presidente do goberno provincial, "a posicionar un produto como o viño e os matices dunha variedade como a treixadura que, sen dúbida, é sinónimo de Ribeiro e de Ourense".