Luz verde para a recuperación do xacemento de Lavandeiras

Ata hai pouco non se tiña constancia da existencia do xacemento arqueolóxico bautizado como Lavandeiras, no termo municipal de Xove, que foi descuberto durante os traballos de construcción da vía de altas capacidades Costa Norta. 

Pero unha vez descuberto, tocaba poñelo en valor. Por iso a Xunta acaba de licitar unha obra para retirar o recheo sobre o xacemento que contará cun orzamento de 212.300. O obxectivo do contrato é a retirada de entorno a 13.000 metros cúbicos de terra acumulada sobre o xacemento de Lavandeiras e o restablecemento ao seu estado inicial da superficie. De xeito complementario, durante estes traballos realizarase un estudo arqueolóxico máis en profundidade 

Como resultado da investigación arqueolóxica realizada dedúcese que o xacemento presenta unha estrutura arquitectónica prehistórica de planta circular (henge) e cuxa cronoloxía se remonta, cando menos, á Idade do Bronce tardía.

Esta tese queda confirmada por variedade de evidencias estruturais exhumadas que nos indican a creación dun espazo circular ben delimitado. A este carácter construtivo hai que sumar o carácter ocupacional do recinto, ratificado, entre outras evidencias, polos materiais localizados (basicamente fragmentos cerámicos), os cales nos remiten de novo á fase media e final da Idade do Bronce.