Galicia recibiu un 3% máis de turistas internacionais durante o primeiro trimestre

Galicia recibiu durante o primeiro trimestre de 2019 un 3% máis de turistas internacionais con respecto ao mesmo período do pasado ano. 

Así se entresaca dos datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) relativos ao mes de marzo, que confirman o bo comezo de ano neste senso. Ademais, segundo os datos do INE tamén se observa un comportamento positivo no relativo ao turismo interno –aquel representado polos residentes en Galicia–, que experimentou unha suba do mesmo nivel.

Cómpre sinalar que as cifras deste primeiro trimestre están condicionadas por un factor externo, xa que no ano 2018 a Semana Santa celebrouse en marzo. Sen embargo, isto non afectou ao turismo interno e internacional.

De feito, o turismo internacional se incrementou nun 8,4% no mes de marzo e mellorou a súa estadía en Galicia nun 5%. Medrou así a demanda internacional por segundo ano consecutivo e por cuarta vez nos últimos cinco anos colocando o nivel final en máis de 95.000 noites, un máximo histórico en Galicia no mes de marzo para este mercado.