Esta fin de semana toca viño de amandi para bendecir o ramo

Sober é o primeiro é o primeiro destinoenogastronómico que propoñemos para a Semana Santa, ao 
sur da provincia de Lugo, co gallo da Feira do Viño de Amandi que, organizada polo concello, acada este ano a trixésimo novena edición os días 13 e 14 de abril, sábado e domingo de Ramos. 

Foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2000. A primeira feira celebrouse o 12 de abril de 1980 “cunha vaca e trece barricas de 32 litros de viño para a degustación. Non hai constancia da sorte que correu a vaca pero si se sabe que a bebida esgotouse e moito antes do previsto”, segundo reza na páxina web do concello. Dende aquela non parou de medrar. Ocasión esta propicia e pasarela 
axeitada para descubrir e gozar das singularidades dos viños elaborados nesta zona polas distintas adegas aquí emprazadas; unha especie de túnel do viño en ambiente festivo, pois no recinto que se instala para a ocasión na Praza do Concello non falta a música, a animación e postos de produtos gastronómicos da zona (mención para a Rosca de Sober) e de artesanía, que ten na olería de Gundivós unha das súas máximas expresións. 

Amandi é unha das 5 subzonas da D.O. Ribeira Sacra, expoñente da denominada viticultura heroica 
na ribeira norte do río Sil, onde se producen viños que teñan na mencía e na godello as variedades 
predominantes; viños xa apreciados seica polos romanos que o enviaban en ánforas de barro á Roma 
dos césares, e siglos máis tarde asentado definitivamente polas ordes monásticas que se estableceron 
na Riboira Sacrata.