
O día da exaltación deste peixe terá lugar este ano o día 19 de abril, unha cita que acada a súa vixésimo terceira edición. Na anterior cita a organización preparou 1.000 racións de congro elaborado de distintos xeitos, en empanada, en salpicón, ao forno, en caldeirada…
Tanta tradición ten o congro en Muxía qué o único lugar de península no que aínda se conservan dous secadoiros ao aire libre deste alongado e sabedeiro peixe. Esta tradición do secado ven de antiguo. Os bibilitanos, que é o xentilcio dos de Calatayud, comezaron a introducir o congro secos nos seus fogóns cinco séculos atrás. Esto foi así porque na localidade aragonesa había daquela unha potente industria soguera que suministraba cordas e cabos aos portos de España, entre eles o de Muxía.
Alí descubriron aos artesáns do congro e na viaxe de retorno facíano de cargado. Como fresco botaríase a perder en tan longa viaxe aos pescadores muxiáns ocorréuselles secalo, de xeito que non fose perecedeiro. Así xurdiu o vencello entre Muxía e Calatayud donde, ao igual que no resto de Aragón, é tradición consumilo con garabanzos e espinacas, o clásico potaxe de vixilia.