Boiro, municipio coruñés situado na comarca do Barbanza, é un enclave con praias apracibles e unha paisaxe ben protexidado mar na ría de Arousa, o que explica que nas súas costas e a súa enseada medre o mexillón, un tesouro do mar que fai deste pobo unha pequena potencia pesqueira. Boiro é tamén patrimonio e cultura, os túmulos do Neolítico o definen como berce do Megalitismo en Galicia.
Pola súa beleza, constitúen motivo de ineludible visita as procesións da Semana Santa boirense. Os máis de 600 confrades da Irmandade do Cristo da Misericordia preparan con esmero as súas procesións.
Na pequena vila mariñeira de Cabo de Cruz conviven o pasado e o presente. No boiante porto pesqueiro e no peirao vello, que é un dos máis antigos da ría, buscaron abrigo embarcacións que repasan a historia mariñeira de Galicia: as lanchas xeiteiras, as dornas de tope, os balandros, os galeóns, as traíñas ou as gamelas, entre outras.
Ofrece unha ampla e variada gastronomía, mariscos e peixes son capturados nas súas costas e chegan directamente ao mercado municipal e aos restaurantes. Os vexetais cultivados nas hortas do municipio, xunto coas carnes conforman un delicioso complemento. Todo iso acompañado polos viños brancos, tintos ou rosados, Viños da Terra de Barbanza e Iria, que converten a Boiro nun veradero reclamo para o turista, a salvo de “cravos” e de “dolorosas”.