As rotondas de Lugo xa dan a benvida !

Lugo presume xa de letras de benvida á cidade en dúas das súas entradas; pola Avenida de Madrid e pola Avenida das Américas.

Coas tarefas de instalación, o Concello responde ás peticións veciñais nos Orzamentos Participativos, xa que esta foi a sexta proposta máis votada neste proceso participativo, con máis dun centenar de votos. Son ademais, traballos que permiten unha nova humanización da cidade, e un paso máis do Concello para embelecer e modernizar a imaxe de Lugo.

As letras de Lugo, cun orzamento de 12.000 euros, están instaladas nas rontondas da Avenida das Américas, na confluencia coa rúa Pomar e rúa Río Mandeo; e na rotonda da Avenida de Madrid, na confluencia coa Avenida Pablo Iglesias e rúa Fonte da Bica. Teñen unha altura de 1,40 metros e cada xogo delas ocupa 4 metros de ancho. 

Están fabricadas en aceiro galvanizado, lacado na cor vermella corporativa do Concello, e están apoiadas nunha base de formigón, que leva encima tamén outra base de aceiro galvanizado.

f_ lugo.gal    elprogreso.es