
A liña ascendente de negocio neste período durante os últimos anos viuse afectada polas negativas previsións meteorolóxicas en 2018, ano no que se logrou unha ocupación do 83 %. Nesta ocasión, a APEHL confirma unha recuperación desa tendencia á alza cunha media do 93,33 %.
A Mariña e a Ribeira Sacra foron as zonas da provincia con máis visitantes, cunha media do 95 %. Os días claves continuaron sendo xoves e venres, nos que algúns establecementos chegaron ao 100 %.
A maioría dos visitantes que estes días fixeron parada na provincia procedían de diferentes partes do propio territorio nacional, aínda que na Ribeira Sacra e na Mariña se puido notar un pequeno incremento de turistas internacionais.
Os datos referentes ao emprego no sector mantivéronse e as cifras en canto a rendibilidade incrementáronse con respecto ao resto do mes, de maneira similar á Semana Santa de 2018.