A Filloa de Muimenta poralle o punto doce ao primeiro de maio

A localidade lucense de Cospeito celebrará este mércores 1 de maio a XXVIII edición da Festa da filloa de Muimenta, na que traballarán de forma altruísta 60 fiolleiras e fiolleiros, repartindo unha previsión de entre 18.000 filloas ao longo da xornada, para as que se utilizan 500 quilogramos de fariña e máis de 70 ducias de ovos.

O recinto feiral abrirá a partir das 8 da mañá para acoller aos primeiros voluntarios. Ao longo do día haberá música, unha exposición de cans de caza, artesanía e xogos tradicionais. O pregón correrá a cargo de Francisco López, un dos responsables do Restaurante España de Lugo.

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación da Festa da Filloa de Muimenta, No acto participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro; o alcalde de Cospeito, Armando Castosa; o concelleiro de turismo, Daniel Paz; a xefa territorial de Cultura e Turismo, María José Gómez; e por parte da comisión organizadora José Manuel Rus (xerente), Pilar Morán e Ana Iglesias.

A Xunta colabora con este evento, declarado de interese turístico de Galicia, cunha achega económica -6.000 euros de axuda directa e 1.500 euros a través do convenio da Consellería de Cultura e Turismo con Abanca- e a doazón de libros para os premios do concurso de debuxo e relato que se organiza no marco desta celebración.