Viaxes Salnés, nova dirección, semellante rumbo

Desarrollos Turísticos do Salnés, sociedade da que forman parte Inés Ares, Máximo García e Vicente Escuedeiro, este último cabeza visible de Bodegas Escudeiro (Viña Roel), a la derecha, inauguraron en Portonovo (Sanxenxo) a Axencia de Viaxes Salnés e unha inmobiliaria que operará tamén no eido da venda e alquiler de pisos turísticos en toda Europa.

Esta axencia minorista xa viña funcionando na citada localidade da man da maiorista Costas Galicia e seguirá funcionando baixo a nova dirección como minorista especializada en venda ao público de todo tipo de servicios turísticos e organización de viaxes en grupo a Europa e América, ademais de seguir colaborando con grupo Oca Hotels. Ao fronte da mesma estarán Inés Ares e Máximo García, este último con longa experiencia neste eido con Costas Galicia.