Paso adiante cara a Senda dos Faros en Corcubión

A deputación de Coruña acaba de aprobar a construcción dunha senda peonil que irá dende Corcubión ata o faro de Cee, un proxecto no que investirá máis dun millón de euros. 

Un camiño que pretende completarse no futuro coa creación da Senda dos Faros, un ambicioso proxecto que crearía unha ruta conectando os 11 faros da provincia e que está pendente da adxudicación de fondos da UE para a construción de sendas ciclables ou peonís. 

Polo de agora os traballos que se levarán a cabo en Corcubión incluirán a ampliación dunha estrada ata os 7 metros de ancho (dous carrís de 3,5 metros), con beiravía de medio metro e e unha senda peonil de 2 metros de ancho pola marxe esquerda da calzada, que discorrerá dende o punto quilométrico 0+780 (Quenxe) ao 2+554 bordeando a ría e prolongarase despois polo ramal que conduce ata o faro, pasando polo campo de fútbol. O ramal disporá dunha plataforma de 6 metros e senda de 2 metros de ancho.

Ademais da ampliación da estrada e a creación da senda, as obras inclúen tamén a mellora do trazado en puntos coma unha curva á altura da praia da Cobiña e suporán "unha importante mellora da seguridade peonil nunha zona moi transitada polos veciños", segundo apuntou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.