
Nesta quinta edición das xornadas programadas desde a concellería de Turismo de Padrón, os establecementos que ofrecerán menús lampreeiros, previa reserva e a un prezo de 30 euros por persoa, son O Segredo, Scala, Chef Rivera, Casa Farrucán, A Casa dos Martínez, O Alpendre, H20, Gaia (A Casa dá Corredoira) e Os Carrisos. Entre todos eles poderanse degusta unha quincena de pratos elaborados con lamprea.