A quinta Festa do Botelo na cidade de Vigo celebrouse hoxe coa afluencia de máis de 180 persoas que degustaron o botelo no Hotel Coia. O singular botelo acompañado de cachelos e verdura pechou a promoción deste ano na cidade olívica .
Ao acto asistiron como representación institucional do Concello do Barco, o alcalde, Alfredo García e a concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta acompañados do alcalde de Vigo, Abel Caballero e o concelleiro e deputado provincial, Santos Héctor.
A comida comezou ás 14:00 horas con sopa e empanada de maravallas, a continuación serviuse o botelo. A degustación do botelo, é dicir, o estómago do porco recheo de costelas adubadas e afumado e posteriormente cocido para o seu consumo, acompañouse con viño branco da Adega D´Berna e o tinto da Cooperativa Xesús Nazareno de O Barco.
Para a sobremesa estivo presente a torta de roxóns, a bica e a música para o baile de peche do acto. Este foi o último acto promocional do botelo desta tempada.