Esta fin de semana toca queixear en Arzúa

A Festa do Queixo de Arzúa celebra esta fin de semana a súa 44ª edición cunha gran feira na que participarán un total de 70 expositores, esgotándose un ano máis os postos dispoñibles. 

Varias queixerías novas de todas partes do Estado, e novas queixerías de Lugo, Zamora e León, e coma sempre varias con premios World Cheese Awards. 6 postos de queixerías PLT, (produtores lácteos tradicionais) 

Complementando a feira haberá un completo programa de actividades paralelas, entre as que destaca a elaboración dun queixo xigante co mapa de Galicia no que estarán representadas as construcións más senlleiras das catro provincias galegas, como a Catedral de Santiago, a muralla de Lugo, a Ponte de Ourense ou as mexilloeiras de Pontevedra, así como o Camiño de Santiago. Tamén se celebrarán, como xa e costume, obradoiros e catas a cargo da D.O.P. Arzúa Ulloa. 

A programación tamén integra unha variada oferta musical. O sábado actuarán entre outros Los Secretos e Heredeiros da Crus. Para o domingo quedan o sconcerotos de SES e de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre.