
Calidade, variedade, cociña innovadora e creativa con produtos de tempada é a aposta da Deputación para o Fórum que se está celebrando no recinto feiral Expocoruña ata o 12 de marzo.
Catas, maridaxes, presentacións de produtos, sesións de cociña con degustacións ou espazos temáticos con expertos, entre outras fórmulas, compoñen a oferta da Deputación da Coruña nesta nova edición do Fórum.
Como acontece noutras feiras, desde a Deputación da Coruña convídase aos concellos a mostrar a súa singulariedade no noso espazo", explica o deputado de Turismo, Xosé Regueira. D
Durante as tres xornadas a Deputación mostrará no seu propio espazo showcookings de cociña da man dos concellos de Muros e Noia, Mugardos co seu famoso polbo á mugardesa, A Capela coa cata de queixos e por último a participación da asociación "Coruña Cocina" con intervencións de Moncho Bargo, Gorka Rodriguez, Alma Garcia, Antonio Amenedo, Caco Agrasar, Ángeles Marzoa, Pablo Pizarro e Adrián Felípez.
Ademais, o concello de Muros e Noia dedicará o martes unha presentación dirixida por Pepe Senade, arredor da cociña do mar, seguido máis tarde doutra presentación de Fernando Agrasar co título "Tradición".