Calidade turística para paliar a fame de experiencias en Pontevedra

O auditorio mar de Vigo acolleu este martes a III Gala Anual do Turismo Rías Baixas, organizada pola Deputación de Pontevedra. Unha gala con música, baile, alfombra roxa, grandes pantallas… Moito glamour para presentar por todo o alto a campaña Fame de Experiencias, que vertebra este ano a promoción turística da provincia. 

Trátase dunha iniciativa que pretende reivindicar os produtos e produtores que lle dan valor á cociña galega. En palabras da presidenta da Deputación, Carmela Silva, “a nosa gastronomía e un dinamizador turístico moi potente e detrás dese éxito hai moita xente: traballadores do marisqueo, a pesca, a produción vitivinícola, a restauración…” 

Dende ese recoñecemento ao produto a campaña tamén reivindica os cascos históricos, mosteiros costas, patrimonio cultural… Trátase de entender a enogastromía como un elemento “vertebrador dun mundo de experiencias que non se limita ao verán, porque Pontevedra ten produtos para as catro estacións do ano e experiencias para os 12 meses”. 

A gala estivo conducida polos actores Carlos Blanco e Deborah Vukusic. Houbo varias actuacións e estiveron presentes numerosas autoridades da provincia. Pero os verdadeiros protagonistas foron os representantes das 139 empresas do sector turístico que conseguiron este ano o distintivo SICTED de calidade. Todas recibiron un recoñecemento imprescindible segundo explicou Silva porque son as que “contribúen a consolidar e prestixiar o noso destino, a xente que ven ás Rías Baixas e leva unha impresión contallelo aos seus familiares e amigos, convértense en prescriptores”. 

Como novidade deste ano, tamén se nomeu a Emma Lustres, directora da productora galega “Vaca Films”, como primeira embaixadora das Rías Baixas.