Amigos da Cociña Galega renova a confianza da Deputación de Ourense

A directiva da asociación "Amigos da Cociña Galega" acaba de reunirse co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar para tratar temas  relativos á promoción do turismo gastronómico, con marcado protagonismo ourensán. 

Na reunión Javier Outomuro (restaurante A Taberna), Paco Gómez (A Feira) e Anxo Fernández (La Viuda, de Trives) trasladaronlle a Baltar os plans para revitalizar a cociña galega que xa adiantaron recentemente nesta publicación. 

O presidente da Deputación, pola súa bonda confirmou o apoio institucional do organismo provincial para a entidade gastronómica e as actividades que poida levar a cabo orientadas á realización de actividades de difusión da nosa cociña. 

Baltar agradeceu a "Amigos da Cociña Galega" "o labor que realiza para difundir as excelencias da cultura gastronómica e o que iso leva consigo para potenciar as tradicións culinarias galegas, defendendo sempre a calidade e poñendo en valor os nosos produtos autóctonos".