Acordos referentes ao plan xeral de actuación da AGETAN

Co fin de celebrar a asemblea xeral ordinaria, as empresas que participan AGETAN achegáronse a noitiña do mércores 27 de marzo de 2019 ás instalacións do hotel Oca Puerta del Camino, na cidade de Santiago de Compostela. 

Alí, tivo lugar esta xuntanza na que se tomaron os acordos referentes ao plan xeral de actuación desta asociación, para o ano 2019.

As argumentacións dos diferentes puntos de vista levaron á toma das seguintes decisións: a renovación da asistencia técnica, a organización dunha xornada de reflexión sobre o decreto que regula esta actividade, a necesidade da modernización da páxina web e á apertura da posibilidade da organización de accións formativas para as persoas asociadas. Do mesmo xeito, tratáronse outros temas referidos á busca de oportunidades para a implantación de sistemas que promovan a competitividade do sector mediante o uso das TIC. 

Desde a asociación, convídase a todas aquelas empresas de turismo activo do territorio a poñerse en contacto e unirse para participar en todas aquelas iniciativas que se realizarán no presente e vindeiros anos.