
Os eSports son competicións de videoxogos estruturadas a través de xogadores, equipos, ligas, publishers, organizadores, broadcasters, patrocinadores e espectadores, nas que se pode participar de forma amateur ou profesional.
Con este obxectivo a ICC eSport 2019 trae a Ourense as mellores competicións gaming do momento. Como atractivo principal ofrécense as finais de SCE (Supercompetición de Escuderías) e SF1 (Supercompetición de Fórmula 1) de mundoGT, que reunirán aos mellores equipos e pilotos profesionais do panorama Simracing. Estas competicións serán retransmitidas a través de Movistar eSports e outras canles online. Dúas citas do motor virtual que traerán a cidade de Ourense, equipos do talle de Vodafone Giants, Williams eSports (fiial da escudería deF1) e campos eRacing 101 neumáticos, entre outros, que compiten a nivel mundial.
Para o público en xeral celebraranse tres torneos gratuítos: o xogo do ano, FORTNITE; o clásico por excelencia de fútbol, FIFA 19, e no mundo do motor, un torneo casual do simulador de rally DIRT 2.0. Estes torneos contan co alicerce dos "Premios Bermello", agasallos para os gañadores, que inclúen PS4 slim, mandos dualshock e tarxetas prepago PSN.
Os torneos gañan ademais en espectacularidade e emoción grazas ao Caster (persoa que comenta e retransmite as partidas de videoxogos a través de Internet) do equipo de Alfonso Rodríguez, creador e propietario das marcas de plataformas e videoxogos mais importantes a nivel nacional: MundoGT, Paraíso Gamer ou Comando Gol, e colaborador oficial de grandes marcas como Sony, Logitech e Thrustmaster. Os torneos transmitiranse en directo a través de Internet en canles especializados, colocando así o punto de mira do sector sobre a Ourense, un evento imprescindible no calendario gamer.