A Coruña, punto de partida da travesía piuntaApunta


A Coruña será entre os días 22 e 25 de maio o punto de partida da VI edición da travesía anual puntaApunta organizada por BMW Motorrad, e que reunirá na cidade máis de 750 motocicletas de distintos puntos do estado e do extranxeiro. 

A proba, que conta coa colaboración do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, terá nesta sexta edición a súa saída na cidade e rematará en Castellón de la Plana, nun traxecto que supera os mil quilómetros. A organización define esta iniciativa como un evento turístico encamiñado a gozar do compañeirismo e do mundo da moto, nunha experiencia allea a ningún tipo de recompensa á velocidade ou a mellor máquina. 

O evento atraerá á cidade a máis de un millar de participantes e estará, como en todas as edicións anteriores, aberto a motocicletas con cilindrada superior a 125 centímetros cúbicos e de calqueira modelo ou marca O control de participación realizarase no parque do pavillón dos deportes de Riazor, onde se fará entrega, como cada ano do libro de viaxe (road book), que informará aos participantes sobre os detalles da ruta así como o pasaporte, que diariamente terán que selar nas saídas e en cada un dos controis de paso. Tras percorrer distintas zonas da cidade aínda sen determinar o primeiro punto de selado será a Torre de Hércules, nunha actividade enmarcada no programa do X Aniversario da elección do monumento como Patrimonio da Humanidade. 

A expedición tamén pasará, entre outros puntos por outras cidades como Palencia ou Zaragoza. O prazo de inscricións para o puntApunta 2019 comezará o luns, día 18 para aqueles pilotos que xa tomaron parte na proba do pasado ano e o día 23 no que respecta a inscrición xeral. Os interesados deberán escribir e aportar os seus datos ao mailcodigo@bmw-puntapunta.com

O coste por participante é de 160 euros máis outros 60 por acompañante (opcional) e inclúe o servizo sanitario e mecánico durante toda a ruta, o staff, welcome pack, pasaporte, road book e dorsaís, así como o aceso ao parque cerrado, desconto en cambio de neumáticos, ofertas de patrocinadores e colaboradores e opción a conseguir o Finisher.