
En representación da Deputación, o deputado Antonio Leira manifestou o compromiso por parte do ente provincial coa Mostra do Encaixe, á que calificou como un acontecemento cunha gran historia e con moita relevancia.
A continuación, tivo a quenda Marcos Barrios Carreira, da produtora MBC Audiovisuales, que foi o encargado de presentar o exitoso spot da Mostra. A proxección acadou un grande éxito entre o público asistente.
Ao acto asistiron tamén o concelleiro da Mostra, Sergio Caamaño, a directora da Mostra, Dolores Lema e dúas palilleiras das asociacións Puntillas e Rendas que farán, ao longo de toda a fin de semana, demostracións do encaixe de Camariñas.
Na Mostra os visitantes gozarán de actuacións musicais, monólogos, e como non, da exposición e venda de Encaixe de Camariñas.