O luns celébrase a XXI edición do Campionato Oficial de Galicia de Sumilleres

A Asociación Galega de Sumilleres AGASU, co apoio organizativo e patrocinador da revista HGg&T, convoca e desenvolverá este luns 18 de febreiro en Pontevedra, a XXI edición do Campionato Oficial de Galicia de Sumilleres. Colabora tamén o CIFP Carlos Oroza, como sede das probas que se desenvolverán entre as 9:30 e as 14 horas. A proclamación do podio coñecerase o mesmo dia éo remate do campionato haberá un xantar de traballo entre participantes, xurado e organizadores. O campión representará a Galicia na próxima edición do Campionato Oficial de España de Sumilleres que se celebrará en Madrid en abril, no marco do Salón Internacional del Club de Gourmets.

Esta convocatoria, que se retoma despois do parénteses aconsellado pola recente crise económica, despertou grande expectación entre o sector hostaleiro e turístico galego, dado que os campionatos foron unha inconmensurable plataforma promocional e de mellora do servizo hostaleiro no noso país. AGASU é o primeiro colectivo representativo do sumillerismo na comunidade autónoma convocando o primeiro campionato de sumilleres en 1995, e a revista HGg&T, a expresión do grupo en torno o que se crearon fai un cuarto de século e co apoio da entón secretaría xeral para o Turismo, a Organización para os Campionatos promocionais das profesións hostaleiras, que comezou seu desenvolvemento cos campionatos de Cociñeiros primeiro (1993), a continuación os de Sumilleres, posteriormente os de Xefes de sala-Maitres, e finalmente impulsou os de barmans, entre outras accións semellantes. 

O Campionato, comenzará as 9.30h, desenrolarase en dúas fases: unha semifinal, selectiva, e a final na que sómente participarán os que superen a proba anterior. Cada fase consta de 3 probas. A Semifinal, empeza cun exame teórico, segue unha cata organoléptica, e remata coa difícil Identificación de produto en copa negra. Quen consiga as mellores puntuacións, deberá superar na Final, que comezará 11.30h as probas de identificación en "Carta errada", propor un "Maridaxe e venda" sobre supostos plantexados polo xurado, e finalmente a destreza profesional, a través dunha vistoas exhibición de "Decantación e servizo". O gañador farásepúblico sobre las 13:30h 

O rematar a Semifinal desenvolveranse dúas actividades non puntuables para o Campionato, pero si profesionalmente complementarias. Tra­s unha demostración Barista, da man de Sebastián González Flores, de Cafés Do Noso, unha competitiva en si mesmo, sobre tiraxe de cervexa "Premio Mahou o Mellor Sumiller de Galicia en Tiraxe de Cervexa". Mahou, como patrocinador do evento, "desenrola a cultura cervexeira para compartir experiencias innovadoras coas persoas". 





ACREDITADO XURADO PROFESONAL: Un amplo e acreditado xurado encargarase de avaliar as diferentes probas, en función da súa peculiaridade. A fronte estarán os fundadores de AGASU e dos Campionatos, Alfredo Álvarez e Guillermo Campos respectivamente, xunto a Juan Muñoz representando a UAES (Unión de Asociacións de Sumilleres de España, responsable do Campeonato de España), así como Marta Fernández (directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia), Sebastián González Flores (AGASU), Juan Casares (Presidente C.R.D.O. Ribeiro), José Soto (A.G. de Barmans), Patricia Presas (A.G. de Enólogos), Alfonso Losada (EVEGA), Juanjo Figueroa (INGAVI); representarán a Mahou Beltrán Vázquez, Olegario Lago (respectivamente, embaixador da marca en Galicia, e xestor) e o prescriptor luso J. Gutèrres. 

SUMILLERES SELECCIONADOS: O éxito do Campionato parece asegurado a priori, dada a calidade profesional da maioría dos admitidos a Semifinal, a maioría traballando en Galicia, outros, galegos que traballan no exterior, en todo caso, coas catro provincias galegas representadas. 

-Patrocinadores principais do XXI Campionato de Sumilleres son a propia revista a HGg&T, CIFP "Carlos Oroza", Mahou, D.O. Rias Baixas, D.O. Ribeiro, D.O. Ribeira Sacra, Disbegal, Diputación de Pontevedra e Xunta de Galicia. Colaboran Solan de Cabras, Salcon, D.O. Monterrei, D.O. Valdeorras, Queixo de Tetilla, Pesca de Rías, Cash Record, Frutas Vilar, Cafés Do Noso, e UAES.