D.O. Ribeira Sacra 2018: añada excelente

A Colleita 2018 na D.O. Ribeira Sacra foi calificada de "Excelente" por segundo ano consecutivo. Así o determinou o panel de cata do do Consello Regulador tras avaliar10 referencias, representativas das 5 subzonas (Amandi, Chantada, Quiroga- Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil), catando mostras de pequenas e grandes adegas, e mostras de depósito e xa no mercado, para ter un abano diverso, co obxectivo de determinar unha calidade media dos viños. 

O panel estuvo integrado por Antonio Raluy, membro da Asociación Galega de Catadores; Mateo Seoane Corral, da Asociación Sumilleres de Gallaecia; Argimiro Levoso Touceda, da Asociación Galega de Enólogos; Jesús Rodríguez Carreiras, da Asociación Vitislucus, Expertos en Análise Sensorial e Enoturismo e Profesor de Servicios en Restauración na Escola de Hostalería de Lugo "IES Sanxiallo"; Alfonso Losada Quiroga, experto en Análise Sensorial de Viños; e os membros do panel de cata do C.R.D.O. Rineira Sacra Francisco Javier Rodríguez Medela, José María Martínez Alonso, José María Martínez Matos, Juan Angel Martínez e Xesús Verao Pérez.