
Así o expuxo a titular de Mar durante o acto central do Día do Mar no 20º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, a feira que acolle Ourense ata o 10 de febreiro e na que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz. Alí a conselleira tamén subliñou que estes certames, “son fundamentais para a xeración de riqueza socio-laboral e económica para Galicia, pois permiten continuar adiantando posicións e consolidar as xa adquiridas nos mercados nacional e foráneos”.

Tamén a lamprea, que vén da man da Confraría de pescadores de Santa Tecla, o bonito do Norte, coa campaña Aquí facémolo bonito, en colaboración con Armadores de Burela (ABSA) e as conservas coa campaña Cata a lata, da man de Anfaco-Cecopesca. Ademais de ofrecer estas degustacións, a Consellería do Mar está presente en Xantar cun posto dunha superficie de 60 m2.
Con estas accións, subliñou Rosa Quintana, “Galicia pode exhibir con orgullo as bondades da súa terra e do seu mar neste escaparate”. Un escaparate, lembrou, “aberto aos máis de 24.000 visitantes que pasaron por aquí o ano pasado e no que máis de 270 expositores mostran unha ampla oferta cultural, turística e gastronómica”.