Axudas para a mellora das infraestruturas de establecementos de aloxamento turístico

As subvencións reguladas nesta acasión polo IGAPE teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas de establecementos de aloxamento turístico.

Consideraranse actuacións subvencionables todas aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2019.

Poderán ser persoas beneficiarias as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda.

No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme). Así, pequena empresa é aquela empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.

Deberá acreditarse unha antigüidade no exercicio da actividade no establecemento para o cal se solicita a subvención non inferior a 5 anos á data de solicitude da axuda. Para estes efectos, tomarase como data de referencia para o cálculo da antigüidade a data de inscrición no REAT. Admitiranse as modificacións de titularidade por sucesión familiar ata o 4º grao incluído de consanguinidade ou afinidade durante o dito período.

Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado.

f_ igape.es