As Neves propón o Camiño dos Frades para esta primaveira


Unha das propostas do concello das Neves para este tempo primaveral que se achega  é o “Camiño dos Frades”, senda xa empregada pola raíña Isabel de Portugal, que cruzaba o río Miño dende as as vilas portuguesas  e, dende aquí, a raíña continuaba ata ao santuario da Franqueira, na súa peregrinación a Santiago de Compostela.

O conxunto etnógrafico que podemos atopar ao longo de todo o camiño é dunha enorme riqueza. Ás beiras do río Termes, testemuña de gran parte deste percorrido, pódense gran cantidade de especies arbóreas e marabillas feitas pola man do home que adornan o sendeiro dende Vide (As Neves) ata a Franqueira (A Cañiza), coma pontes romanas e medievais (a Ponte da Senra e a Ponte das Puntaleiras), muíños, petos de ánimas, cruceiros, igrexas, casas señoriais e incluso unha sobreira catalogada como a máis antiga de Galicia.
.
Na Ponte da Senra, anteriormente mencionada no itinerario do Camiño dos Frades celébranse dende tempos inmemoriais bautismos prenatais.  A lenda conta que toda muller cun embarazo complicado debía achegarse á ponte e deitarse debaixo dela, á espera de que chegaran un home e unha muller, que posteriormente serían os padriños do neno. 

Estas persoas terían que acudir a xunto da rapaza e botarlle auga sobre o abdome. Durante este proceso, ningún animal podería cruzar a ponte para que o feitizo fora efectivo polo que, co motivo de tentar evitalo, a cada lado da ponte se situaría algún familiar da futura nai. En caso contrario, a muller abortaría".