A Deputación de Lugo achega 100.000 euros para as festas gastronómicas da provincia

A Deputación de Lugo achega ao longo do ano máis de 100.000 euros para facer posible a celebración de 28 citas gastronómicas ao longo do todo o territorio lugués. "Facémolo, ademais, dentro da nosa aposta por potenciar cada un dos recursos dos nosos Concellos como un valor diferencial que nos converten nunha provincia única, que cambia de recuncho a recuncho”., segundo espuxo o deputado responsable da área provincial de Turismo, Eduardo Vidal Vaamonde.

"O turismo gastronómico é un piar fundamental no desenvolvemento deste sector na provincia , pois contamos con produtos de primeira calidade que, sen dúbida, xustifican o lema... E para comer Lugo", dixxo en Xantar go gallo do Día do Mar n feira ourensana.

Vidal Baamonde engadiu que “visitando a provincia pódese gozar, na zona norte, ademais das fermosas e extensas praias, bañadas polo mar Cantábrico, de produtos pesqueiros de altísima calidade, demandados polo mercado nacional e internacional. Entre eles atópanse a merluza do pincho ou o bonito, dous dos produtos do mar que contan con maior prestixio gastronómico en Galicia. Como sabedes, a pesca é un dos sectores punteiros da nosa economía, non en vano, contamos con dous dos principais puntos de descarga de pesca fresca de Europa: o porto de Celeiro, en Viveiro, e o porto de Burela”.

O Deputado apuntou que “os produtos do mar son capaces de xerar unha enorme riqueza, cun volume de negocio de máis de 125 millóns de euros só para a provincia de Lugo, e de dar emprego a miles de familias lucenses. Motivo polo que en conxunto coa Mancomunidade da Mariña, Asociacións de Hostaleiros, entidades, e profesionais estamos a impulsar os produtos autóctonos e, como non pode ser doutro xeito, os produtos do mar cos que contamos e que son de primeira calidade”.