A Deputación da Coruña financia a contratación de persoal para a atención de museos e centros de interpretación

A área de Cultura da Deputación da Coruña financia a contratación de persoal técnico para a atención de museos e centros de interpretación dos concellos. Xunto coa convocatoria para persoal de xestión cultural e animación sociocultural son as dúas liñas de axuda que contribúen directamente á creación de emprego no sector cultural.

Ademais da creación de emprego a través dos grandes programas culturais da Deputación da Coruña como a Rede Cultural ou as distintas liñas de axuda para actividades, festivais ou fundacións e centros de interpretación, a área de Cultura da Deputación da Coruña inclúe no seu mapa de axudas dúas convocatorias destinadas directamente á xerar postos de traballo no sector cultural, unha para centros de interpretación e museos e outra para persoal técnico cultural e de animación sociocultural.

A convocatoria destinada a concellos para a contratación de persoal de persoal técnico para a atención de museos e centros de interpretacións sae publicada no BOP deste martes 12 de febreiro e está dotada con 400.000 €, con axudas que ascenden a 20.000 € nunha liña na que se pode subvencionar a totalidade do solicitado. As contratacións desenvolverase até o 31 de decembro deste ano, con posibilidade de prórroga até 30 de abril de 2020. O persoal contratado deberá ter formación específica relacionada cos campos de xestión cultural, patrimonial, de museos ou, de ser o caso, de xestión de patrimonio natural. Gabinete de Prensa Deputación da Coruña