O concello de Vigo acaba de dar luz verde esta semana ao seu quinto programa de medianeiras, que instalará 14 novos murais de arte urbano ao longo da cidade. Trátase dunha nova fase dunha iniciativa que xa ronda as 100 actuacións dende que se puxo en marcha
Cun orzamento de 280.00 euros, os 14 novos murais estarán na rúa Barcelona, Doutor Canoa, Colexio San Xosé da Guía, rúa Bueu, Centro Recreativo e Cultural de Coruxo, rúa Roupeiro, pavillón Polideportivo de Bouzas, Camelias, Serafín Avendaño, Sanjurjo Badía, Tomás Alonso, O Pino, Emilia Pardo Bazán e Couto San Honorato.
A nova fase do proxecto foi presentada polo alcalde de Vigo, que destacou que os novos murais serán elaborados polos artistas locais e internacionais Zosen Bandido, Ghizlane, Erbmon, Mon Devane, Elara Elvira, Ana Santiso, Marcos Puhinger, Abi Castillo, Kóctel, Murone, Vanesa Álvarez, Chephoner, Mina Hamada e Kruella Denfer.
"Estarán os mellores artistas de medianeiras do mundo, o impacto da actuación é notable, e unha forma de entender a arte, en canto cheguemos aos 100 ou 120, ademais dos colexios, nos incorporaremos ao grupo de 12 cidades con maior número de murais", sinalou Caballero.