Unha almazara de aceite e unha cantina-albergue entre os premiados de "Emprendendo no Rural"

O Executivo Provincial lugués resolveu os premios Emprendendo no Rural, a iniciativa que puxo en marcha a Deputación para fomentar a creación de empresas e emprego no rural, 
cunha dotación de 50.000 euros entre 5 proxectos de desenvomento no rural. 

Os 5 premiados son Almazara de Aceite, que producirá en agroecolóxico; Cantina Albergue Camiño de Santiago ; iTechTerm, que desenvolve un sensor de monitorización de temperatura para vacas de leite; Radis, unha empresa de detección de Radón; Centro Residencial San Vicente, unha residencia para persoas maiores.

Almazara de Aceite é unha explotación agrícola na que se plantarán 10 hectáreas de oliveiras e se a construirá unha Almazara para a produción de aceite agroecolóxico no Concello de Taboada, busca comercializar aceite completando o ciclo produtivo: plantación, recollida, extracción, transformación e comercialización directa, co fin de facer o modelo máis rendible.

O carácter reducido desta explotación vai encamiñado a obter un aceite dunha alta calidade, a través dun produto saudable e de cercanía. Ademais, este xeito de produción fai posible a comercialización deste produto como “gourmet”, tanto polos estándares no proceso de produción como na cantidade, moi limitada en comparación con outras explotacións.

A inversión inicial para desenvolver este negocio, que arrancará no mes de xaneiro de 2019, conta cunha inversión inicial de 132.500,00€, máis 10.000 euros da Deputación.

Polo seu lado, a Cantina Albergue Camiño de Santiago, situada en As Seixas, poboación de Palas de Rei, Lugo, e promovido por unha muller emprendedora. O Camiño de Santiago Primitivo, recentemente nomeado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO atravesa esta pequena aldea e que conta cun grande número de peregrinos, uns 15.000, que deciden escoller esta ruta de peregrinación. Ao tratarse dunha poboación moi pequena, o lugar non dispón de servizos suficientes en restauración e hospedaxe privado para atender á demanda.

A intención deste novo negocio é principalmente a de ofrecer comida e aloxamento para todos aqueles peregrinos que non desexan continuar a etapa ata Melide, o seguinte núcleo con todos os servizos, que se sitúa a uns 15 quilómetros de As Seixas. Este negocio tamén permitirá revitalizar os servizos da zona, actualmente case inexistentes e motivar o desprazamento da poboación circundante a esta aldea.

Dispón dunha inversión inicial duns 160.000 euros, que se engadirán aos 10.000 do premio que ofrece a Deputación.

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, destacou que “dende o Goberno da Deputación amosamos o noso compromiso co rural, que non é un slogan como o de outras administracións públicas galegas, senón que se demostra con feitos e iniciativas como a que hoxe vimos de resolver”.