O alcalde de Ferrol reivindica a súa potencionalidade turística

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, aproveitou unha conferencia nun curso de promoción turística e recepción en aloxamentos para poñer en valor as potencialidades turísticas do concello así como as estratexias no inmediato para a promoción da candidatura do Ferrol da Ilustración ao Patrimonio da Humanidade e o imparable crecemento do Camiño Inglés a Compostela. 

Como mostra do crecente interese e da demanda turística do Ferrol da Ilustración, Suárez salientaba entre outros datos extraídos do balance oficial das dúas oficinas de turismo da cidade na Praza de España e no Porto de Curuxeiras, que preto de 1.500 persoas tomaron parte o pasado verán (xullo e agosto) nas visitas guiadas ao Ferrol da Ilustración: o Arsenal militar, ao estaleiro de Navantia, o palacio de Capitanía e as visitas teatralizadas ao Castelo de San Felipe. 

O Castelo é, precisamente, o punto mais visitado de Ferro cun total de 15.300 visitantes tan so contabilizando os que pasaron pola fortaleza nos meses de xullo, agosto e primeira semana de setembro. Exponav recibiu un total de 10.332 visitantes desde xullo ao 12 de setembro e o Museo Naval, a pesares de contar cun horario moito mais axustado, chegou ás 10.240 persoas. 

Outro dato obxetivo que deixa as claras a curva ascendente do turismo na cidade é que no pasado verán, as oficinas municipais de turismo de Ferrol atenderon a 13.976 persoas, das que 9.235 ( 66% ) foron turistas/visitantes, 3.966 (28,37%) peregrinos e, o resto, consultas locais. O turismo nacional supuxo o 70,78% e o internacional o 21,52% tan só nos meses álxidos de xullo e agosto. Cómpre ter en conta que habida conta das novas tecnoloxías, non resulta sinxelo calcular o número total de visitantes xa que unicamente podemos tomar como referencia aqueles que pasan polas oficinas e non se contabiliza os que non o fan, e que se documentan nas redes para a viaxe.