
Todas as persoas interesadas terán ao seu dispor, se así o solicitan, un pequeno espazo no que expoñer os seus xoguetes e xogos. Para iso, deben inscribirse ou solicitalo no Centro Cívico de Conxo, persoalmente ou a través do teléfono (981 528 740) ou do correo electrónico (cscconxo@santiagodecompostela.gal).
Neste pequeno mercado non hai diñeiro. Unicamente se taxarán con puntos os diferentes xogos e xoguetes. Con estes puntos, os/as participantes poderán levar outros obxectos que estean no mercado. Pódense levar os mesmos para a taxación dende xa ao Centro Cívico ou o propio día do mercado.