Lugo potenciará o seu Saber e sabor na 39ª edición de FITUR

Na 39ª edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se celebra entre o vindeiro mércores e do domingo no recinto feiral IFEMA o concello de Lugo volve de novo potenciando o seu Saber e sabor coa cuarta edición da campña Ven, é Lugo.

A proposta é unha montaxe audiovisual "onde se inclúe a cultura, o patrimonio histórico, a gastronomía, as rutas verdes, os produtos autóctos do Mercado Municipal e da Praza de Abastos e a saúde termal e espiritual a través das augas termais do Balneario de Lugo", tal e como explicou en rolda de prensa a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre. Como non, no novo vídeo promocional tamén aparecen as festas do San Froilán e do Arde Lvcvs, sen esquecer os Tres Patrimonios da Humanidade que ten a cidade. 

Trátase pois dunha aposta que vén dar continuidade a do pasado ano, de amosar un Lugo dinámico, que neste caso redescubirá unha cidade e un municipio para coñecelo e saborealo. No acto de presentación tamén estivo presente unha representante da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, así como o historiador e profesor Javier Gómez Vila.

A Concelleira tamén avanzou que, aproveitando a asistencia a FITUR, manteranse citas con blogueiros especializados en turismo, revistas e operadores turísticos que traballan o turismo familiar, e empresas dedicadas á promoción turísticas a través das novas tecnoloxías, ademais de interrelacionarse con outros municipios e cidades de todo o mundo. Así mesmo, tamén adiantou que nesta feira, por primeira vez, haberá un stand da Asociación de Festas e Recreacións Históricas, na que tamén está o Arde Lvcvs, que nesta ocasión se celebra entre o 14 e 16 de xuño; e que o Concello tamén presentará un novo vídeo propio destes festexos e outro do San Froilán, levando un vídeo específico da Vía Küning.

O Concello repartirá máis de 4.000 folletos e distinto material promocional de Lugo, tanto en español como en inglés, francés, alemán, portugués ou italiano, ben sexa sobre o Lugo Romano como do Lugo Monumental, así como planos do centro histórico, folletos do Arde Lvcvs, do Camiño Primitivo ou de rutas accesibles, entre outros; ademais de marcapáxinas ou lápices.