"Ioga termal" coa Deputación de Ourense

O "ioga termal" éunha actividade baseada no método "wellness" que consiste en realizar prácticas de relaxación profunda en auga termal, con importantes beneficios para a saúde mental e corporal. A profesora de ioga da Universidade de León, Cristina Pérez, fundadora e directora da asociación "Wellness" e formadora en Hatha Yoga, será a encargada de dirixir unha novidosa actividade que a Deputación de Ourense levará a cabo neste ano 2019 nos concellos da provincia que contan con establecementos balnearios. 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial co presidente do goberno provincial tamén participou o vicepresidente segundo da deputación e deputado de Administración Provincial, Jorge Pumar, xuntanza na que se analizou o programa que se vai desenvolver nas localidades da provincia que contan con balnearios. "Trátase dun novidoso método patentando por Cristina Pérez –explica Manuel Baltar-, que xa se experimentou con éxito nas Burgas, e o obxectivo é que esta iniciativa baseada na auga termal se estenda aos balnearios da provincia de Ourense ao longo de 2019, para que os veciños dos concellos termais poidan acceder a esta actividade innovadora que lle da un pulo ao noso termalismo", destaca Baltar.

O presidente Baltar comenta que será unha acción que tramitará a Área de Termalismo e Emprego da Deputación de Ourense, "realizando as programacións cos concellos e cos establecementos balnearios, para que esta iniciativa se afiance e se converta nun clásico do termalismo ourensán co paso do tempo. O éxito que tivo nas Burgas fai presaxiar que tamén o acadará no ámbito provincial", sinala o Manuel Baltar.

O método "wellness" da ourensá Cristina Pérez combina sesións en auga termal e en sala, abranguendo circuíto termal, prácticas de relaxación e exercicios para aprender a respirar correctamente e reeducar a respiración. A finalidade é eliminar a tensión do corpo e propiciar o que a profesora denomina como "calma mental". O traballo combinado de ioga e auga termal ten entre os seus principais beneficios tratar a dor orixinada pola tensión corporal; actúa contra problemas de insomnio, estrés, ansiedade, depresión e problemas respiratorios, e resulta beneficioso fronte ás doenzas articulares e da pel.