Ferrol-Porto da Ilustración cara ao Patrimonio da Humanidade

Estes días tivo lugar unha primeira xuntanza de corte técnico para iniciar contactos e tomarlle o pulso as Administracións e entidades identificadas como pezas chave para conformar o Comité de xestión da candidatura de Ferrol-Porto da Ilustración, ao Patrimonio da Humanidade da UNESCO neste ano decisivo.

A xuntanza estivo presidida polo alcalde, Jorge Suárez, xunto a concelleira de Patrimonio Histórico, Rosa Méndez, e contou coa participación activa do comité responsable da redacción da proposta ferrolá, liderado por Jordi Treserras, Consultor Unesco e Vicepresidente de ICOMOS España, ademais de profesor da Universidade de Barcelona.

Esta primeira xuntanza tivo por obxeto darlle forma a constitución formal dun Comité de Xestión, que será o órgano de participación encargado da coordinación das actividades a desenvolver nesta fase final do proceso da candidatura que se abre con este ano 2019, que será decisorio.

Entre outros, asistiron representantes da Armada, de Navantia, do Bispado Mondoñedo-Ferrol, da Autoridade Portuaria, da Vicerreitoría da Universidade da Coruña, así como do veciño concello de Mugardos.

Cunha presentación audiovisual, os redactores explicaron hoxe polo miúdo os detalles da candidatura, coas aportacións individuais, e as observacións e suxerencias feitas durante o proceso de deseño por cada un dos axentes actuantes e polos titulares do conxunto dos bens promocionados na candidatura.

Esta xuntanza foi a primeira dunha xeira de reunións ao longo do trimestre, para conformar este órgano que, cunha planificación e promoción coordinada e reforzada, pulará pola candidatura antes da remisión final da mesma, co fin de multiplicar as opcións da nosa candidatura ao Patrimonio da Humanidade da UNESCO.