Ézaro e Ortegal, protagonistas coruñeses en FITUR

A Deputación da Coruña asistirá a semana próxima a Feira internacional de Turismo de Galicia en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia. Ofrecerá información dos recursos gastronómicos, patrimoniais e de turismo activo da provincia, adicándolle unha atención especial ao proxecto de Xeoparque de Ortegal e as súas rutas e recursos máis representativos 

Tamén, o concello de Dumbría dará a coñecer, nunha presentación, o Gran Fondo Ézaro. Trátase do evento de cicloturismo máis recoñecido na provincia da Coruña e Galicia, e parte das probas do circuíto internacional UCI (Gran Fondo World Series), celebrándose cada xullo no corazón da Costa da Morte. Esta presentación fará especial mención ao pelotón que, cun máximo de 1.100 inscritos, constituirase por figuras tan transcendentais coma Javier Gómez Noia e Carlos Sastre. 


FITUR celebrarase a próxima semana dende o mércores 23 ata o domingo 27 de xaneiro, terá lugar a trixésimo-novena edición de FITUR. Será o punto de encontro dos profesionais do sector turístico e o evento líder en España para posicionar a oferta dos destinos e produtos máis punteiros no mercado nacional e internacional. En total, 10.190 empresas expositoras de 165 rexións, 140.120 profesionais e 110.860 visitantes, xustifican anualmente a eminencia deste encontro.