
“Así poderán comprar entradas a xente que pola semana traballa” explicou a concelleira de CulturaMargarida Pizcueta, quen tamén indicou que o lugar de venda das entradas será o Teatro Lauro Olmo, que estará aberto a partir das 7 da mañá para coller número por orde de chegada e poder agardar a comprar as entradas vendo unha película.
Tamén se lembrou que as 1150 entradas que se porán á venda custarán 18 euros cada unha e que cada comprador só poderá adquirir como máximo 10 entradas.