Coren e Terras Gauda lanzan ao mercado un lacón con grelos en conserva.

José Mº Fonseca e Gómez Franqueira
Dous dos principais grupos empresariais de Galicia no eido agroalimentario acaban de aliarse para presentar un novo produto conxunto, o lacón con grelos en conserva. Os grelos son os da firma do Rosal, A Rosaleira, adquirida hai uns anos atrás por Terras Gauda, e que se trata da primeira conserveira vexetal de Galicia.

Aos fantásticos grelos en conserva, grelos ampardos pola IXP Grelos de Galicia, engádeselle agora pataca Kennebec procedente da Limia e amparada tamén pola IXP Pataca de Galicia, lacón selecto de Coren, dos porcos alimentados con castaña e chourizo da máis alta gama da cooperativa ourensana fundada por Eulogio Gómez Franqueira. Cen por cen produtos galegos.

Sale ao mercado en latas de 1 quilo, abondo para dúas racións, a un prezo que rondará os 10 euros o que, para un produto desta calidade sin conservantes, colorantes nin aditivo algún pódese decir que resulta económico e competitivo, sobre todo se o comparamos cunha pizza industrial, por poñer un exemplo fácilmente dixerible e entendible para o consumidor.

O Lacón con grelos é un dos pratos distintivos da nosa gastronomía, e arredor deste menú nace unha alianza empresarial de dous dos principais grupos alimentarios do país, a través de Conservas A Rosaleira. O lacón congrelos estará dispoñible en tendas de alimentación e liniais galegos en pouco máis dunha semana

Os presidentes de ambos grupos empresariais, Manuel Gómez Franqueira, de Coren,e José María Fonseca, de Terras Gauda, confían en reforzar a súa presenza no mercado con esta alianza, segundo anunciaron e celebraron na presentación desta gran laconada en lata que tivo lugar no Pazo de Mos, ao tempo que auguraron novos e futuros produtos froito desta sinerxia.

Conservas A Rosaleira foi fundada en O Rosal (Baixo Miño) no ano 1940 como Conservas Vegetales José Sánchez García, nome do promotor do proxecto e home con inquedanzas que foi alcalde e mestre da localidade durante moitos anos, á vez que intruductor dos mirabeles na contorna, un froito da familia das ameixas traido da Selva Negra europea. Comezou a actividade coa elaboración de conserva de tomate, fritada e mirabeis en almibre. No ano 1967 toma a decisión de elaborar grelos ao natural, convirtindo a marca nun referente.