Castro Caldelas prepara a festa dos Fachós

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na ante véspera do S. Sebastián. Comeza arredor das 19:30h, entre o “lusco e fusco” coa caída do sol e prolóngase durante a noite, converténdose nunha das tradicións de culto ao lume máis representativas de Galicia. 

A festa consiste nunha procesión na que saen do Santuario dos Remedios centos de “fachós” que percorren o Casco Histórico, arrodeando o Castelo e facendo o percorrido en plena escuridade (soamente o Castelo está alumeado). A procesión vai presidida por un Fachón de un mínimo de 30 metros por detrás da imaxe do santo, feito de palla ao igual que os fachós acompañados pola música tradicional. 

Remata a procesión no adro do Santuario dos Remedios onde se queiman todos os restos nunha gran fogueira, culminando o rito do lume purificador en medio do toque de campás e música de gaitas. 

A pesar de que a Festa dos Fachós é una tradición ancestral, non se pode determinan a súa orixe con certeza. As primeiras referencias escritas das que se ten constancia son do ano 1750, sendo una das celebracións máis antigas de Galicia. 

Sobre os orixes da Festa dos Fachós de Castro Caldelas hai escritos que falan das tradicións celtas relacionadas có lume, antes de ser cristianizado asimilado ó culto a San Sebastián. O escritor ourensán Vicente Risco relaciona esta festa cós ritos celtas de culto ao sol. 

Outra hipóteses apunta ao século XVIII para referirse ao orixe do ritual, cando unha peste de cólera asolóu a comarca Caldelá, foi entón cando os veciños rogaron a San Sebastián e San Roque para que intercederan e remataran coa enfermidade, facendo unha fogueira para queimar as pertenzas dos infectados. 

Finalmente, outra tradición vincula a orixe da celebración á conmemoración da busca que fixeron os cristiáns para atopar o corpo do santo a noite que foi martirizado. 

As diversas hipóteses que pretenden explicar a orixe da festa desde una óptica local teñen escasa fiabilidade histórica, sen embargo resultan interesantes como interpretacións populares. A pesar da incerteza do seu orixe a festa inunda a noite da vila Caldelá nun ambiente especial e único. 

Antigamente a elaboración dos fachós facíase coa palla da sega, que se obtiña despois de sementar o centeo e mallar. Actualmente esta práctica foise perdendo hasta quedar en desuso, polo que un dos inconvenientes para seguir mantendo esta tradición é a falta de palla para facer os Fachós. 

Por elo o Concello de Castro Caldelas é o que se encarga de sementar cada ano o centeo, de segar, carrexar e mallar o igual que se facía tradicionalmente, preparando a palla e gardándoa no palleiro para a celebración. Para elo este Concello adquiríu unha Máquina de Mallar, a última que estivo en activo, a un particular e que se usa cada ano para poder dispoñer de Palla Non Mecanizada.