A Reconquista de Vigo durará dúas semanas

Este ano aos vigueses levaralles algo máis de tempo botar aos franceses da cidade, o alcalde Abel Caballero vén de anunciar que esta ano a festa celebrarase durante dúas de fins de semana. 

Serán as dúas últimas semanas de marzo. Os actos centrais da celebración serán o 30 e o 31 de marzo pero a fin de semana anterior comenzarán escenificación como a destitución da Corporación. 

Así o dixo o rexedor en rolda de prensa antes de dar conta da entrega de premios do IV Certame Escolar de Carteis da Reconquista Infantil. En verbas do alcalde, un dos actos cos que comenzan os preparativos da festividade coa que Vigo rememora o alzamento popular que en 1809 conseguiu expulsar aos franceses que previamente ocuparan a cidade. 

En definitiva, vigueses e visitantes terán este ano máis excusas para disfrutar dunha das grandes festas da cidade, que conmemora o alzamento popular que o 28 de marzo de 1809 conseguiu expulsar aos franceses convertendo a cidade na primeira localidade de Europa que logrou expulsar ao exértcito de Napoleón dunha praza conquistada.