A Festa do Petote amplíase aos restaurantes de Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade vai impulsar e revolucionar a Festa do Petote con motivo da súa décima edición, que será o domingo 17 de febreiro, coa degustación deste mítico bolo do cocido de Entroido nunha decena de restaurantes
Carballedo manterase como epicentro da festa e nesa xornada haberá sesión vermú con actuacions musicais e degustación gratuíta de pinchos dende o mediodía.

"Cremos que chegou o momento de modernizar a festa, polo que optamos por diversificala e estendela a todo o territorio", precisa o alcalde Jorge Cubela.

Así, aínda que o núcleo desta celebración continuará estando en Carballedo, con esta nova fórmula optimízanse recursos e gasto en loxística, favorecendo ademais aos restaurantes e negocios locais, que obterán un retorno económico directo grazas a esta convocatoria.

Os interesados n participar na Festa do Petote xa poden facer as reservas, a un prezo de 20 euros por persoa polo menú completo, nos seguintes establecementos: A de Tucho (Augasantas-670 971 785), A Raxadal (Carballedo-986 760 018), Casa Blanco (Rebordelo-645 922 995), Casa Inés (Carballedo-986 760 003), Veiga Mariña (Almofrei-986 763 127), O Espigueiro (Cerdedo-678 719 030), O Meu Lar (Cerdedo-687 393 141), Moncha (Cerdedo-633 943 295) e Restaurante Davi (Quireza-606 774 141).