A Deputación de Pontevedra rehabilita tres casas modernistas na Illa de Arousa

A Deputación de Pontevedra destina un totao de 2,6 millóns de euros á rehabilitación e reforma da casas modernistas da Illa de Arousa e da súa contorna. As obras consisten na rehabilitación e reforma das casas nº1, nº3 e nº5, sendo esta última coñecida como "Casa Goday". Así mesmo, rehabilitarase a súa contorna, o xardín adxacente á casa nº5, as antigas naves de salga e o almacén. Ademais, cada unha das edificacións terá un uso diferente: na vivenda nº1 crearase un espazo polivalente para asociacións culturais que poderá converterse nunha sala de exposicións, de conferencias ou de clases; a vivenda nº3 habilitarase para ser usada por un club de persoas xubiladas; e, finalmente, a "Casa Godoy" converterase en biblioteca pública.

O alcalde da Illa, Carlos Iglesias, subliñou que "é un día histórico para A Illa. É un proxecto que levamos desenvolvendo moitísimos anos e co que pechamos a rehabilitación de todo un espazo que tamén comprende a Casa do Concello, o Museo da Conserva, o peirao, o auditorio e a reforma das tres casas modernistas. Por iso, estamos moi agradecidos á Deputación, que achega unha cifra importantísima para este proxecto que nos permite facer realidade o que é a obra do século para A Illa de Arousa".

Pola súa banda, a presidenta da Deputación Carmela puxo en valor as obras que se están levando a cabo porque supoñen "unha gran revolución do entorno da Illa pero tamén da vida da veciñanza", xa que, segundo matizou non só se trata de reconstruír pedras, senón de reconstruír historias".