XantaMos, Xornadas de Degustación dos Produtos da Raza Galiña de Mos

Entre 05 e o 9 de decembro a Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos (Avimos) e la asociación de empresarios Sete Pontes de Vilalba organizan as Xornadas de Degustación dos Produtos da Raza Galiña de Mos (XantaMos).

Son 15 os establecementos que ofrecerán as súas tapas preparadas con esta raza por 2,5 euros, e, que podrán degustarse en horario de 13.00 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 horas: Cervexería Lembranzas (coa tapa Mos con cogumelos), Cocktail Bar (Saborea-Mos, un cóctel con e sen alcohol), A Taberna de Michel (con O volcán de Míchel), Café Bar Oasis (con galiña de Mos á Rioxana), A Taberna (con Raxo de Mos), o Parador de Vilalba (con A Nosa versión do ovo con pataca e chourizo), Mesón do Campo (Que bonito cacarexaba), Bar Pafe (con Arroz caldoso de Mos), Cafe Bar Cristal (con Tortilla Rachada), Café Centro (Manxar de Mos), Café Xalundes (con Ovos riquísiMOS), Café O Porrás (con Tortilla de Mos), Taberna Galega A Lareira (con Ovos á Lareira), Xoldra Vilalba (con Nós) e La Casa del Lobo (con Ovo de Loba).

O obxectivo destas xornads é poñer en valor as razas autóctonas de Galicia pola súa calidade, así o sinalou Manuel Silvosa, directivo de Sete Pontes , quen destacou destacóu a aposta polas castes autóctonas "pola súa calidade" e tamén "porque son produtos da nosa terra".

Tras as alarmantes noticias que se tiñan sobre o gravísimo risco de extinción da raza, a mediados do ano 2000, a Xunta de Galicia inclúe á Galiña de Mos nos programas de recuperación de razas gandeiras e desde a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria da administración galega, comézase o Programa de recuperación e Conservación da raza Galiña de Mos.

En los últimos años han sido muy importantes los avances conseguidos en la recuperación de la raza, debido a la correcta sincronización de los distintos programas. Actualmente estase traballando no incremento da produción, mellora da produción e especialización das explotacións avícolas, innovación no sistema produtivo e de comercialización, estratexias de comercialización, potenciación do concepto de raza, campañas de información, ...