Solarigrafia na Casa das Ciencias da Coruña

A Casa das Ciencias da Coruña acolle hoxe unha nova exposición, denominada Solarigrafía, que pode visitarse na planta baixa do museo. 

A exposición, que está comisariada polo fotógrafo Diego López Calvín, parte dun proxecto aberto que comeza no ano 2000, no que se combinan aspectos artísticos e tecnolóxicos para obter e compartir fotografías que mostran o percorrido do sol en distintas latitudes da Terra. 

O concepto da mostra foi impulsado polos fotógrafos Diego López Calvín, Slawomir Decyk e Pawel Kula. As imaxes obtéñense con cámaras estenopeicas cargadas con papel fotosensible que son expostas á luz durante longos períodos de tempo.